-
Movemento Sumar Galicia inicia o camiño cara as galegas mediante o seu rexistro como partido
A deputada de Sumar Galicia no Congreso dos Deputados, Verónica Martínez, vén de rexistrar Movemento Sumar Galicia como partido político no Ministerio do Interior. Movemento Sumar Galicia nace así como unha organización galega autónoma que estará federada con Movemento Sumar a nivel estatal.