O voto decisivo

Este domingo 18 de febreiro xogámonos un cambio de rumbo. As enquisas coinciden: o Partido Popular pode perder a maioría absoluta e Sumar está a pelexar escanos clave tanto na Coruña como en Pontevedra.

Somos a forza que máis preto está de loitarlle eses últimos escanos ao PP: estamos a 0,1% décimas en Pontevedra e 0,4% en A Coruña. As grandes casas de enquisas e o propio CIS dan unha posibilidade real de que Sumar entre no Parlamento de Galicia. Só se Sumar entra haberá cambio.

Farémolo posible, pero para logralo necesitamos a túa axuda. Fala e convence a 5 persoas para que o domingo vaian votar e o fagan por Sumar. Os motivos son claros: O voto a Sumar vale dobre, xa que Sumar garante unha maioría progresista e políticas valentes dende o goberno. Cumprimos o que prometemos, como demostramos no goberno estatal. Un exemplo: a subida do salario mínimo en máis dun 54% dende 2018.