Aprobada no Consello de Ministros a proposta para reformar e democratizar a xustiza

O Consello de Ministros ven de aprobar a Lei de Democratización da Carreira Xudicial e Fiscal.

Esta lei recolle moitas das nosas demandas e propostas para que os órganos xudiciais e fiscais sexan máis semellantes aos da cidadanía en xeral. Para que os que teñen que impartir xustiza se asemellan á España real e non á das elites.


Para facilitar o acceso de todos á carreira xudicial e loitar contra o actual modelo elitista, establecerase por lei un sistema de bolsas públicas para a realización de exames xudiciais. Isto permitirá que persoas máis humildes, sen a capacidade económica de estar 8 anos estudando sen traballar poidan acceder a estas instancias.

O Centro de Estudos Xurídicos será un centro público que ofrecerá formación e preparación para estas probas. Ademáis, os xuíces que tamén formen candidatos terán que solicitar a compatibilidade e formarán parte dun rexistro público de formadores, a disposición de quen se estea a preparar. Estas dúas medidas están encamiñadas a aumentar a transparencia e control sobre a fomración, evitando abusos e economía en negro.

Por outra banda, a chamada cuarta quenda -que é un modo de acceso para profesionais de recoñecido prestixio, con máis de 10 anos de experiencia- reforzarase con convocatorias anuais e simultáneas ás da oposición aberta. Ademais, esta cuarta convocatoria estará aberta á carreira fiscal.

Por último, establécese unha prohibición de financiar asociacións xudiciais a través do sector privado, garantindo así a súa independencia de intereses empresariais e corporativos.

A democratización da xustiza e do acceso á propia carreira xudicial esixe medidas cada vez máis profundas, polas que seguiremos traballando e loitando no Congreso, pero este é un paso moi importante.

Quero estar
informado/a