Coñécenos

Sumar Galicia é o instrumento para confluír con todas aquelas que comparten o horizonte de país. Trátase de escoitar, dialogar e construírmos xuntas un proxecto cidadán para a próxima década.

Escoita, diálogo, valentía, loita, esperanza, futuro.

Sumar Galicia quere organizar a esperanza para que un novo país se abra camiño.

Podemos ser un país con traballo decente e con máis igualdade, cunha transición ecolóxica xusta e na vangarda feminista e do conxunto de dereitos e liberdades. Podemos ser unha Galicia da que estar orgullosas e orgullosos.

Un novo proxecto cidadán

Galicia atópase hoxe nun momento trascendental, fronte a unha decisión que marcará o futuro dos galegos e galegas durante máis dunha década e terá consecuencias no conxunto do Estado e no resto da Unión Europea. Galicia decide hoxe entre sumarse ás políticas verdes ou quedar atrás na transición ecolóxica, entre apostar por un modelo de maior redistribución e xustiza social ou perpetuar a desigualdade, entre continuar ensanchando dereitos para a cidadanía ou converternos en ariete para dilapidar as conquistas en liberdades das últimas décadas.

As galegas e os galegos fomos unha parte fundamental da maioría progresista que apostou por un presente máis xusto o pasado 23X, e que serviu para pararlle os pés á dereita extrema e á extrema dereita. Somos un país plural, de maioría progresista, e é hora de ter un goberno galego á altura do noso pobo.

Fixémolo, farémolo.

Documentación Organización

Doa para que Sumar Galicia chegue a tódolos recunchos do País!