O pasado luns fixéronse no Congreso as Xornadas “Por el derecho a la autonomía de las mujeres. Aborto para ser libres y decidir sobre nuestras vidas”, organizadas polo GP Plurinacional Sumar.
O noso grupo convertiu así a cámara baixa nun bastión de defensa da democracia e dos dereitos á autonomía das mulleres, fronte aos reaccionarios, ultradereitistas, antidereitos e fundamentalistas que se reuniron no Senado convidados polo PP.
Ante as súas ameazas e os seus ataques non queremos só resistir. Queremos avanzar.
O dereito ao aborto é unha conquista feminista froito de anos de loita. Hoxe, porén, o acceso e garantía do mesmo non está asegurado en España malia as normas existentes.
A proposta de Sumar é introducir na Constitución o dereito ao aborto. Queremos que apareza reflectido no bloque dos dereitos e deberes fundamentais, no artículo 15.
Por qué neste?
Porque o dereito ao aborto debe construirse como dereito fundamental vinculado so dereito á integridade física e moral ou, o que é o mesmo, a inviolablidade da persoa.
O dereito á integridade física e moral debe implicar o dereito á autonomía física e a un acceso libre, informado, pleno e universal da interrupción voluntaria do embarazo no sistema público de saúde.
Ademáis de en contra do dereito ao aborto, os reaccionarios defenden tamén cuestións como as supostas terapias –torturas– de conversión para as persoas LGTBIAQ+. Os reaccionarios teñen entre os seus principais inimigos os movementos feministas e os movementos LGTBIAQ+.
Unha razón máis para ter moi claro que a buscada división entre o feminismo e as loitas LGTBIAQ+ dalgunhas autodenominadas “feministas clásicas” non é só un falso dilema que promove un enfrontamento absurdo, senon que ademáis é reaccionario.
A loita polos dereitos non pode deixar a ninguén atrás. Non se loita contra a extrema dereita coas ideas da extrema dereita.