Este sábado terá lugar en Santiago de Compostela a primeira xuntanza da nova Coordinadora Nacional emanada da Asemblea xeral do 23 de novembro.
Este órgano están integradas 30 persoas eleitas pola Asemblea Xeral de xeito democrático, incluido Secretario Xeral e Presidenta, xunto cos representantes das comarcas constituídas.
Cada comarca nomea unha Secretaría Comarcal que é membro de pleno dereito da Coordinadora en representación do seu territorio. Neste momento, as seis comarcas que xa estaban constituídas antes da realización da Asemblea Xeral teñen tido os seus procesos propios. Nas vindeiras semanas e meses, iranse convocando e constituíndo outras comarcas do Páis, cumplindo así un mandato da Asemblea que pide dar inicio a un proceso ambicioso de implantación territorial.
A Coordinadora Nacional representa o máximo órgano de decisión de Movemento Sumar Galicia entre Asembleas Xerais Ordinarias. Representa a todas as persoas inscritas e aos territorios, e dispón das súas propias competencias.
Nesta primeira xuntanza procederase á constitución formal da Coordinadora, daranse pasos importantes para poñer en marcha a organización e marcaranse as primeiras iniciativas políticas baseadas no Relatorio Político aprobado.