Ante a aprobación da nova lei de medios audiovisuais de Galicia, o Movemento Sumar Galicia mostrou o seu firme rexeitamento e denunciou a actitude “dictadora” do PP.

O secretario xeral da organización, Paulo Carlos López, expresou o seu rexeitamento frontal ante unha norma “que convierte de facto á CRTVG no gabinete de prensa da Xunta de Galicia”.
Según López, “a CRTVG xa non é un medio público, senón un medio gubernamental”, toda vez que, “as maiorías esixidas rebáixanse e non hai garantía de pluralismo político”. Lamentou así mesmo que, lonxe de rematar “co reinado de terror na redacción”, o novo texto garante “aínda máis, a supresión dos dereitos laborais e de libre expresión da plantilla.”
A presidenta de Movemento Sumar, e Portavoz no Congreso, Verónica Barbero, lamento así mesmo “un esforzo máis do PP para rachar o pluralismo informativo”. Así, considera que a nova lei de medios audiovisuais públicos de Galicia que tiña como obxectivo “facer que a CRTVG se semellara á BBC”, consegue todo o contrario. “Tanto na xestión coma no contido seméllase máis a unha folla parroquial que ás recomendacións da Unión Europa de Radiodifusión”, afirmou Barbero. “No que se refire á transición dixital, no que se refire ás políticas de transparencia dos servizos públicos audiovisuais e no que se refire aos dereitos da audiencia e aos dereitos da cidadanía de Galicia, hoxe a CRTVG é unha portavocía do PP”.