“A forza da delegación galega é mostra da plurinacionalidade de Movimiento Sumar”

A Coordinadora Nacional de Movemento Sumar Galicia vén de reunirse no día de hoxe e aprobar xunto cos membros asistentes ao encontro nacional para a Asemblea de 2025 de Movimiento Sumar, a listaxe de 36 delegadas e delegados que representarán a Galicia 29 e 30 de marzo en Madrid. 

Neste sentido, a Presidenta de Movemento Sumar Galicia, Verónica M. Barbero considerou “moi importante” que sexamos “unha das delegacións máis numerosas por ser quen mais afiliadas aporta” xa que a delegación galega é a quinta máis grande de todo o estado. 

Catro son delegados natos: Verónica Martínez Barbero, Manuel Lago Peñas, Paulo Carlos López e Marta Lois, que ao formar parte do grupo coordinador actual forman parte automáticamente da delegación galega. 

O secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López incidiu en que “a delegación galega, das máis numerosas, é a viva mostra da plurinacionalidade da nosa organización.” 

Movemento Sumar Galicia estará presente para reforzar as medidas laboristas e a defensa das persoas traballadoras no noso País, “ademais de para reforzar os liderados de Verónica Barbero e Yolanda Díaz” engadiu López.

“Para seguir subindo o SMI e reducir a xornada laboral, precisamos un Sumar máis forte a nivel organizativo e con iniciativa política” concluiu o Secretario Xeral.

As 32 delgadas, escollidas no encontro desta tarde en Ames e no marco da Asemblea 2025 de Movimiento Sumar, foron nomeados baixo criterios de paridade e equilibrio comarcal, ademáis de contar coas cotas de mocidade. Esta listaxe está encabezada pola secretaria de Organización e sindicalista Gloria Alonso, polo concelleiro de Noia, Manuel Seijas e pola secretaria de Igualdade e LGTBIQA+, Rocío Núñez. 

Deixámosvos a continuación a listaxe completa: 

1- Gloria Alonso Domínguez

2- Manuel Seijas Caamaño

3- Rocío Núñez Rúa

4- José Manuel Sande García

5- Carme Casado Casado

6- Estevo Sánchez Gálvez

7- Aida Ferreiro Galbán

8- Jorge Carneiro Penedo

9- Luisa Pasín Mato

10- Ramón Sarmiento Solla

11- Sara de Matos Fernández

12- José Ángel Holgado González

13- Trinidad Palacios Raposo

14- Alberte Muíño Naveira

15- Inés Soraya Regueiro Grela

16- Alfredo Manuel González López

17- Rosario Pérez Graña

18- Antón García Tenreiro

19- Lucía Fuentes Rey

20- José Antonio Rodríguez Añón

21- Maria Gemma Vázquez Novoa

22- Jesús Araújo Nores

23- Marta Ferreiro Lombao

24- Álvaro González Vallina

25- Elisabet Cabeza Romero

26- Luis Baena Blanco

27- María Sabela Landin Estevez

28- Diego José Diarte García

29- Mercedes González Pazos

30- Ángel Seoane Ramírez

31- Elvira Landín Aguirre

32-Javier Torrente Sierra

SUPLENCIAS

S1- Alicia Carrera Castaño

S2- Xosé Lois Piñeiro García

S3- María Elena Lomba Portela

S4- Carlos José Palacios Suárez

S5- Ana Isabel Dapena Sieiro

S6- Xurxo Charlín Trigo

S7- Paula Fernández Couto

S8- Euloxio Santos Leites

S9- Marisa Áurea Pet Pazos

S10- Juan Díaz Villoslada

Quero estar
informado/a