Movemento Sumar Galicia denuncia a abertura dos cinco novos centros de crise 24 horas dende o oscurantismo e deixando a dúas das sete grandes cidades sen este servizo público, como son A Coruña e Pontevedra.
A Secretaria de Igualdade, Rocío Núñez, denuncia que a Xunta non está a darlle visibilidade a este novo servizo público e que abre os centros sen ofrecer información, nin á cidadanía en xeral, nin ás vitimas, sen que se aclare que atención e que servizos se van recibir
“A Xunta de Galicia abre tarde, mal e a rastro os centros galegos 24 de horas para vítimas de violencia sexual” tal e como denunciou a responsable nacional de igualdade de Sumar Galicia, Rocío Núñez, que quixo denunciar a “falta de dilixencia”, o “oscurantismo e a falta de compromiso real na loita contra as violencias machistas”. Estas declaracións foron realizadas co motivo da apertura destes novos centros por parte do goberno galego ainda que “para a maioría da poboación galega é algo que pasou desapercebido” xa que “a Xunta non está a darlle visibilidade a este novo servizo público” e “abre os centros sen ofrecer información, nin á cidadanía en xeral, nin ás vitimas, sen que se aclare que atención e que servizos se van recibir”, avisou Núñez.
Dende Movemento Sumar Galicia tamén aproveitaron para manifestar a súa oposición rotunda a que este novo servizo público “ademais, se leve adiante dende a xestión indirecta e deixando xa dende o inicio nas mans de grandes multinacionais como son a construtora OHL ou Eulen”. “A Xunta debería ter previsto a contratación de persoal traballador público para xestionar directamente un servizo que é fundamental na atención ás vítimas das violencias sexuais” engadiron dende a formación laborista.
Sobre as localización destes novos centros, Rocío Núñez, tamén mostrou o seu desacordo con que “existan dúas das setes grandes cidades nas que non vai haber este novo servizo como son A Coruña e Pontevedra” e ainda por riba que en “Vigo e Ferrol se localicen en lugares moi pouco acesibles como son os Hospitais Alvaro Cunqueiro e o Novoa Santos”.
Centros de crise 24 horas privatizados e infradotados.
O goberno de España transferiu case 6 millón de euros de fondos Next Generation á Xunta de Galicia para a posta en funcionamento deste novo servizo público, dun investimento total de 11 millóns. Diante das demoras do goberno galego para cumprir os seus compromisos o Ministerio de Igualdade tivo que flexibilizar os prazos de execución e xustificación desta axuda ata o 2 de xuño de 2025, para que a Xunta poida cumprir.
Este novo servizo público debe ofrecer unha atención permanente e actuación urxente sicolóxica, xurídica e social para as vítimas da violencia sexual e para súa contorna familiar, sendo imprescindible a posibilidade da atención tanto telefónica como presencial, e que o criterio para recibir esa atención non sexa restritivo e que non se cinxa só a aquelas mulleres que teñan posta unha denuncia, así como que non importe que a agresión sexa recente ou pasada.
A abertura destes centros é imprescindible para cumprir coa Lei Integral sobre liberdade sexual, polo que non se entende que o goberno galego demorase dous anos en pór a funcionar un servizo que tiña como localización Pacs de saúde, áreas en hospitais ou centros xa creados para outros fins. Esta demora ainda é máis incomprensible se se ten en conta a existencia de fondos europeos, que correron o risco de perderse se non fora pola ampliación de prazo por parte do Ministerio.
Ademais a Xunta pon a funcionar este novos centros sen por en marcha, previamente, ningún tipo de estratexía informativa que inclúa campañas nas que se comunique con que tipo de recursos se van dotar estes centros, ou que perfis profesionais traballaran neles, ou como vai ser a compatibilidade cos servizos especializados dependentes doutras administracións, como por exemplo os CIM dos concellos.
Isto é unha mostra máis da falta de compromiso da Xunta no relativo a loita contra as violencias machistas; un suma e sigue nas políticas retrógradas do Partido Popular en materia de dereitos das mulleres .