O desemprego baixou en 67.420 persoas en abril en España, 3.600 en Galicia, alcanzando o seu nivel máis baixo para este mes desde 2008.

Agora hai 2.512.718 persoas desempregadas, 153.782 menos que hai un ano. O desemprego está a baixar a un ritmo de máis do 5% anual.
A afiliación á Seguridade Social marca un novo récord, e xa hai 21.588.639 persoas traballando. Nunca houbo tanta xente cotizando á Seguridade Social. No último mes, 230.993 persoas incorporáronse ás listas de afiliación, e 487.134 nos últimos 12 meses.
O desemprego feminino baixou tamén de forma clara, en 38.291 mulleres e tamén está no seu nivel máis baixo en 17 anos.
Ademais, agora hai máis de 10,2 millóns de mulleres afiliadas, unha cifra nunca vista. Así mesmo, o desemprego xuvenil baixou un 10,2 % nun só mes: máis de 20.000 mozos atoparon emprego.
Un dato máis que confirma o cambio no modelo laboral é a calidade do emprego e da contratación. O 44,5 % dos contratos asinados en abril foron indefinidos. Antes da reforma laboral, apenas eran o 10%.
Os datos non son casualidade. Son o resultado dunha política laboral que pon ás persoas traballadoras no centro.
Coa aprobación da reducción de xornada laboral, avanzamos na construcción dun novo modelo laboral, con máis calidade, mellor salario e mellores conducións. É unha medida que beneficiará a máis de 12 millóns de persoas.
Máis emprego. Máis dereitos. Máis tempo para vivir.