Aprobada a Lei de Reducción de Xornada no Consello de Ministros

España dá un paso histórico para reducir a xornada por primeira vez en máis de corenta anos

O goberno español convértese no primeiro executivo europeo en dúas décadas que aproba un anteproxecto de lei para reducir a xornada laboral. España leva coa mesma xornada laboral dende o ano 1983, cando se impuxo a xornada de 40 horas (tamén con profecías apocalípticas da patronal sobre o afundimento da economía).

Trátase dunha medida que beneficiará directamente a máis de 12 millóns de persoas traballadoras. 10 millóns gañarán ata media hora máis ao día e outros 2 millóns, a maioría mulleres, verán aumentados os seus soldos.

Entregamos a tempo, aprobando o trámite urxente para que a rebaixa chegue a todos en 2025, e da maneira correcto, respectando o texto que asinado cos sindicatos.

A redución saldará unha débeda con todos os traballadores que aportasen máis do que percibiron. Será a mellor ferramenta para reducir a brecha de desigualdade entre a produtividade (que aumentou un 53% desde 1983) e os salarios (só un 22%).

Ademáis da reducción de xornada, inclúense novas medidas para garantir o cumprimento:

  • Dereito a desconexión. Os correos electrónicos e as chamadas non poden seguir aos traballadores fóra do seu horario laboral. Acabouse o de levar traballo ao fogar.
  • Rexistro dixital e accesible da xornada laboral. As horas extras non pagadas son un abuso que hai que erradicar. A inspección poderá coñecer en tempo real as fichaxes e actuar contra aquelas empresas que abusen sen necesidade de denuncia.

A redución de xornada conta cun apoio social, ideolóxico e territorial transversal. Máis do 70% da poboación responde sí cando se lle pregunta pola reducción de xornada, incluíndo máis da metade dos votantes de PP, Junts e VOX.

Só en Cataluña, Madrid e Andalucía hai máis de 6 millóns de persoas que se beneficiarán directamente da redución.

É o momento de que o crecemento económico se converta en progreso para as familias. Só o sector hostaleiro gañou 5.877 millóns máis que antes da pandemia.

Chegou o momento de que o que é maioritario na sociedade sexa maioritario no Congreso. Todas as forzas políticas teñen un compromiso co noso país que cumprir.

Quero estar
informado/a