A voceira do grupo Parlamentario Plurinacional Sumar, Verónica Martínez Barbero reuníuse hoxe xunto coa secretaria de Organización de Movemento Sumar Galicia, Gloria Alonso, coa representación de CCOO, UGT, e CIG en Santiago de Compostela, no marco da negociación colectiva do convenio de comercio de alimentación da provincia de Ourense.

Ademáis das dificultades habituais neste tipo de negociacións os sindicatos (de forma unánime) trasladan a terrible situación, precaria, do conxunto das plantillas laborais das principais cadeas de alimentación: Froiz, Gadis e Cuevas.
Facendo o mesmo traballo que no resto de provincias galegas chegan a cobrar ata 500 euros menos polo mesmo traballo, chegando a ter que denunciar incluso, que coa última suba do SMI acadada grazas a Sumar “a patronal -especialmente a de GADIS- negouse a aplicala “a conta convenio” e tan sequera chegan a pagar o salario mínimo interprofesional aos seus traballadores e traballadoras.
Ademáis da inxustificada non equiparación salarial entre provincias, súmase a negativa de pagar complementos como os do plus de transporte.
Esta situación “é moi grave” calificou Alonso referíndose ao posicionamento da patronal nesta negociación, chegando incluso a rexeitar negociar cara a cara no AGA.
“Movemento Sumar Galicia fará todo o posible para que non se continúe a silenciar a representación das traballadoras e traballadores” denunciou Barbero. Sobre todo, “poñemos todas as ferramentas a disposición para que a patronal se sente e negocie”.
As traballadoras e traballadores son igual de valiosos nunhas provincias que noutras, e a súa labor é igual de válida. Deben negociar un acordo marco de mínimos autonómicos que non discrimine entre provincias.