Hoxe escribimos unha páxina nova no libro das grandes conquistas laborais do noso país. Con este acordo, a xornada máxima legal de traballo reducirase a 37,5 horas semanais, sen redución salarial, beneficiando a máis de 12 millóns de traballadores, a maioría deles mulleres, xente moza e en precariedade. Agora dase inicio ao trámite de aprobación, o cal permitirá remitir a Lei ao Congreso nos a primcipio do ano que entra.
Este acordo é máis amplo, non só reducimos a xornada laboral, garantemos dous dereitos máis:
Reforzamos o dereito á desconexión dixital e á privacidade dos dispositivos de videovixilancia e xeolocalización. Os teléfonos móbiles ou o teletraballo son ferramentas para facilitar o traballo, non para prolongalo e empeorar a saúde mental das persoas traballadoras.
Garantimos o rexistro de horarios dixitais accesibles e fiables (teletraballo) para garantir a transparencia e evitar abusos.
As sancións ás empresas por incumprimento desta normativa serán para cada traballador que vexa vulnerados os seus dereitos, non como ata agora cando había unha única sanción aínda que fosen varias persoas afectadas.
É un gran día, coa sinatura deste convenio, a redución da xornada avanza camiño do Consello de Ministros e avanzamos en dereitos das persoas traballadoras e gañamos a loita polo tempo libre.
Garantimos os dereitos que hoxe avanzamos e facemos efectivos.
Sobre a ameaza de bloqueo do PSOE
O Ministerio de Traballo leva 11 meses negociando a redución de xornada. É a medida máis importante da lexislatura e a de maior apoio social. E apostamos por cumprir o acordo de goberno para que 12 millóns de traballadores teñan máis tempo en 2025.
Esta semana pasou algo moi grave. O PSOE cambiou de posición e hoxe están fóra do traballo destes 11 meses e do Acordo de Goberno. Queren evitar que os traballadores gañen media hora ao día en 2025. Terán que explicar por que en novembro aprobou no seu Congreso a xornada de 36 horas e en decembro queda fóra do convenio das 37,5 horas.
Preocúpanos que a política se reduza a prometer e non cumprir porque o incumprimento de promesas políticas só crea máis antipolítica. Nós cumprimos a nosa palabra. O que prometemos, cumprimos. Imos seguir traballando para cumprir o Acordo de Goberno e saldar unha débeda histórica coa xente traballadora.
Non hai escusas válidas. España é a economía que máis medra, haberá medidas de apoio ás pequenas e medianas empresas, e conseguiremos o apoio como xa demostramos outras tantas veces.