A catástrofe de DANA no País Valenciano está moi ligada á emerxencia climática. Nun mundo de continuo cambio climático, a política ten que dar seguridade e tranquilidade á xente. Por iso debemos despregar un Escudo Climático baseado na prevención, a mitigación e a aceleración da transición verde xusta na que ampliamos dereitos.
O Ministerio de Traballo ven de aprobar os primeiros permisos climáticos retribuídos para persoas traballadoras. A primeira pedra para construír un Escudo Climático e a primeira vez que se axusta a lexislación laboral tendo en conta a crise climática.
Estes permisos garantirán o 100% do salario e terán unha duración de catro días, podendo prorrogarse se as circunstancias non melloran. Ademais, as empresas poderán solicitar ERTES por causa de forza maior para protexer o tecido produtivo.
Os permisos están vinculados ás alertas meteorolóxicas emitidas polas autoridades competentes, á imposibilidade de chegar ao traballo ou, por exemplo, se Protección Civil aconsella quedar na casa.
Os novos dereitos verdes terán a lei como garantía. En caso de incumprimento ou denegación destes permisos, as persoas traballadoras terán ao seu lado a lei e a Inspección de Traballo. Ningunha persoa poderá sufrir dano algún pola adopción destas medidas.
En canto se publique no BOE, as persoas traballadoras terán este dereito efectivo. Ademais, as empresas terán que negociar protocolos de actuación fronte aos fenómenos meteorolóxicos con estas novas medidas incluídas.
Por último, tamén se regulará o dereito á información que teñen os traballadores sobre o que poden ou non facer ante situacións de emerxencia climática. Por exemplo, no caso de DANA, dando a información de que non tiñan que acudir ao seu posto de traballo por arriscar a súa vida.
Ademáis, o Ministerio de Dereitos Sociais levou ao Consello de Ministros máis medidas socias encamiñadas a protexer á cidadanía ante as consecuencias de catástrofes.
Lexíslase a prohibición de aumentos de prezos abusivos en situacións de catástrofe.
Así, ningunha catástrofe, traxedia ou emerxencia pode ser utilizada por empresas, sitios web ou aplicacións para obter beneficios económicos.
Tamén se aproba un decreto para evitar incrementos abusivos do prezo final en contextos de urxencia, risco ou necesidade.
As empresas que personalicen os prezos de forma automática (por exemplo, plataformas rider ou VTC) non poderán elevalos en situacións, como DANA, que poidan ser tipificadas como emerxencia de protección civil.
Tamén se instaura unha limitación de prezo para a venda de vehículos a motor dentro do Plan Restart Auto+
No Real Decreto concederanse axudas ás persoas que precisen mercar calquera tipo de vehículo por perder o seu durante o DANA. Os puntos de venda adheridos a este programa non poden vender coches ás persoas afectadas a prezos superiores aos do 28 de outubro.
Deste xeito, as axudas que ofrece o Goberno para a adquisición de vehículos novos vencellan á limitación dos prezos de venda anteriores a DANA.
Por último, apróbanse tres millóns de euros para apoiar a accesibilidade universal.
Mobilizaranse a través do Real Padroado da Discapacidade para apoiar ás entidades locais en materia de accesibilidade universal (mellora do acceso en vivendas, adquisición de material protético ou ortopédico, etc.)