Comprometémonos a ilegalizar as “terapias de conversión”

Esta semana, o partido socialista rexistrou unha proposición de lei coa que buscan inroducir sancións no código penal sobre as chamadas “terapias de conversión”.


Estas son unha serie de métodos pseudocientíficos enfocados ao cambio da orientación sexual de persoas homosexuais e bisexuais para intentar convertelos en heterosexuais, e a persoas trans ou disidentes de xénero en xeral, para que se identifiquen co seu xénero asignado. Normalmente inclúe a modificación do comportamento, terapias de aversión, oración e consello religioso. En España, son as igrexas cristianas (católica, mais tamén outras ramas) as principais impulsoras destas torturas.

En Sumar, cremos necesario lexislar e tomar medidas para acabar con estas prácticas, definidas polas Nacións Unidas como tortura e unha violación dos dereitos humanos.
Por elo, votamos a favor de admitir a lei proposta polo grupo socialista.
Mais, na nosa opinión, a proposta socialista, centrada unicamente na modificación do Código Penal, é insuficiente e debe ser ampliada e mellorada durante a súa tramitación no Congreso.

De feito, Sumar, xunto con outros grupos progresistas, rexistrou unha proposta hai meses, xunto con varios grupos de dereitos LGBTQIA+, que incluía máis medidas. O Grupo Socialista rexeitou unirse.

Esta proposta incluía medidas como desenvolver protocolos para permitir a identificación temperá das persoas que sofren estas torturas e garantir así a súa protección.

Tamén propuña crear axudas financeiras e facilitar o acceso a alternativas de vivenda. Isto é esencial cando moitas destas persoas, incluídos menores, son coaccionadas ou obrigadas polas súas familias e quedan soas cando se negan ou conseguen escapar destas prácticas.

Cremos que basearse exclusivamente no Código Penal, sen considerar outras medidas destinadas a previr e/ou reparar os danos, nunca é a solución aos problemas sociais.