Comprometémonos coa igualdade no deporte para as persoas LGTBIQA+ 

No Día Mundial contra a Discriminación por Orientación Sexual e Identidade e Expresión de Xénero no Deporte, Movemento Sumar Galicia reafirma o seu compromiso coa igualdade no deporte, especialmente na inclusión e nos dereitos das persoas trans.

O noso compromiso busca garantir un entorno seguro, xusto e libre de discriminación para toda a comunidade LGTBIQA+.

Nunha sociedade onde as barreiras e os prexuízos aínda persisten no ámbito deportivo debido aos discursos de odio que fomenta a ultradereita, Movemento Sumar Galicia posiciónase como un aliado na loita pola plena igualdade de dereitos de todas as persoas, en especial, neste sentido, das persoas trans e non binarias. 

“Abogamos e loitamos por políticas inclusivas, o recoñecemento e respecto da identidade de xénero e a eliminación de calquera tipo de exclusión no deporte.” ratificou a secretaria de Feminismos e LGTBIQA+, Rocío Núñez.

“O deporte debe ser un espazo de respecto, diversidade e equidade para todas as persoas, independientemente da súa identidade de xénero ou orientación sexual e Movemento Sumar Galicia vai traballar para que isto sexa unha realidade.”

Así, Movemento Sumar Galicia insta ás institucións deportivas e gubernamentais galegas a tomar medidas concretas para protexer e fomentar a participación das persoas trans no deporte, asegurando que os seus dereitos sexan respectados en todas as competicións e espazos deportivos, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBIQA+. 

Esiximos ao Partido Popular e á Xunta de Galicia a reforma da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia e ao menos igualala en contido á Lei Estatal, así como velar pola igualdade de todas, todos e todes no deporte.

Quero estar
informado/a