O secretario xeral, Paulo Carlos López, fai referencia ás noticias saídas en varios medios que apuntan a unha relación entre ambos.

O Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, vén de esixir ao Portavoz do Partido Popular no Congreso dos Deputados, Miguel Tellado, que aclare, “cal é a súa relación con Koldo García”, se son certas as informacións dalgúns medios de comunicación que indican que mantiveron, “unha cordial relación durante anos onde Tellado lle ofrecía a Koldo García beneficios xudiciais e traballo a cambio de realizar gravacións, e mesmo lle ofreceu un pacto para resolverlle a vida”. Segundo López, vendo os procedentes do Partido Popular, “non sería raro que Tellado fora a man que mexe no berce da trama corrupta, marcando os tempos, participando de gravacións e prometendo favores a cambio de facer dano a rivais políticos”.
Neste sentido, dende Movemento Sumar Galicia pídese unha aclaración “inmediata” desta relación e se, “no caso de confirmarse”, Miguel Tellado dimitiría como Portavoz e deputado popular ou “seguiría aferrado no posto e participando unha vez máis das cloacas do Estado”.
Noutro orde de cousas, López, na liña das declaracións de dirixentes de Movimiento Sumar, pide maior contundencia de Sánchez ante a corrupción, “sendo non só insuficiente, mesmo insultante, que o único que se propuxera ata agora fora unha auditoría externa do PSOE e unha remodelación da súa executiva”.
“Hai que reiniciar a lexislatura e facer que valga a pena. Se o único argumento de Pedro Sánchez é que non goberne a ultradereita, que non conte con nós, é unha fallta de respecto aos socios e ao electorado”, incide López. “A reducción de xornada, o permiso remunerado, a lei mordaza e un plan agresivo sobre a vivenda son imperativos, e no curto plazo, nós non lle imos aceptar xogar ao despiste”.