O Secretario xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, e o Secretario de Municipalismo, Manuel Seijas, estiveron presentes durante o transcurso da moción de censura presentada polo PP en Outes co apoio dun tránsfuga do PSOE, para mostrar o seu apoio e respaldo ao alcalde saínte, Manuel González.

López mostrou o seu apoio ao alcalde Manuel González e á súa equipa de goberno, e ao traballo que realizaron durante todo este tempo “para mellorar a calidade de vida da veciñanza de Outes”.
Denuncia a “moción de censura da vergoña” que realiza o Partido Popular co apoio dun tránsfuga do PSOE. Movemento Sumar Galicia considera que esta moción de censura é “responsabilidade directa” de Alfonso Rueda, ao que acusa de non importarlle “apoyarse nun tránsfuga, dinamitar o pacto antitransfuguismo, con tal de acadar o poder polo poder”.
Rematou mostrando o seu apoio sen fisuras ao goberno saínte, e acusando a rueda de “destruír o pacto antitransfuguismo e apoiarse nun tránsfuga do Partido Socialista para dinamitar a confianza que a maioría da veciñanza, depositara no anterior alcalde, Manuel González”.