O Movemento Sumar Galicia participou na marcha convocada por SOS Sanidade Pública en defensa da “reconstrucción” da área sanitaria viguesa, totalmente privatizada, un éxito absoluto, con decenas de milleiros de persoas enchendo o centro da cidade de Vigo.
A Secretaria de Organización, Gloria Alonso, estivo acompañando ao resto de organizacións da plataforma na cabeceira da manifestación, onde declarou que “Movemento Sumar Galicia non deixará nunca de defender a sanidade pública. Avogamos pola recuperación dos concertos e a mellora das condicións, para que os Quirón, Riberas e toda caste deixen de facer cartos a costa da nosa saúde.”
A manifestación, convocada baixo o lema ”Reconstruir a área sanitaria de Vigo”, “é unha reflexión profunda con respecto do que acontece últimamente no conxunto da área de Vigo. Rexéitanse os tratamentos mais caros e complexos por parte do hospital Povisa mentres que todas as galegas e galegos teñen que invertir preto de medio millón de euros extra na súa concesión, mentres ve recortados os servizos principais” apuntou tamén esta semana a portavoz no congreso e Presidenta de Movemento Sumar Galicia, Verónica Barbero.
A portavoz no Congreso tamén denunciou “o continuo esforzo privatizador do Partido Popular. Nesta provincia parece que só podemos elexir entre público-privado ou privado-privado”, en relación á ampliación do concerto coa clínica privada POVISA. “Pedimos a toda a cidadanía, non só de Vigo, senon de toda a Provincia, que se unan en defensa do noso sistema de saúde, hai que paralos xa. Se conseguen privatizar e desarticular o sistema, rachará definitivamente o Estado de Benestar”.
Coa construción do Hospital Álvaro Cunqueiro non se lograron acadar os obxectivos fixados polo Plan funcional inicial. Tampouco se avanzou na construción das estruturas necesarias de Atención hospitalaria, para poder atender a toda a cidadanía, faltando case 700 camas, nin no reforzamento da Atención Primaria.
Outro dos obxectivos establecidos neste Plan era a diminución do peso da sanidade privada e nin se plantexa. Isto deixa en evidencia o novo premio a un hospital (POVISA) que ten de refén a toda a provincia, ao ser o único que pode ofertar queimados ou maxilofacial: “É unha neglixencia por parte de Feijoo, que preferiu non tocar o negocio privado a costa da saúde de centos de milleiros de pacientes” criticou a portavoz.
Ademáis, Barbero recordou que a atención primaria é outro dos servizos xunto con pediatría e enfermería “que non ve mais que decrecemento na nosa área sanitaria” engadindo que esta “ten que voltar ser o eixo fundamental da prevención, atención e detección dos problemas de saúde da cidadanía”.
En Movemento Sumar Galicia denunciamos o silencio da Xunta de Galicia e amosamos todo o apoio ao denunciado pola plataforma SOS Sanidade Pública.
Desde que o Cunqueiro foi construido, a Xunta non fixo declaracións nin comentarios ao respecto e tampouco falan de novos hospitais ou centros públicos, so se privatiza e externalizan os servizos; mentres o deterioro dos mesmos se acrecenta.
Así, Movemento Sumar Galicia comprométese a seguir respaldando as esixencias da plataforma SOS Sanidade Pública e pedimos a reversión do concerto do Álvaro Cunqueiro; a súa ampliación e absorción dos servizos prestados por POVISA; a reordenación da área sanitaria e apertura dos centros de atención primaria, alta resolución e PACs que estaban comprometidos, xunto co necesario reforzamento orzamentario, da plantilla, e mellora das súas condicións laborais.