O Congreso ven de aprobar a tramitación da Lei de Alugueiros Temporais e Habitacións. A maioría da investidura venceu ao bloque reaccionario. Ademáis, o Ministerio de Consumo abre un expediente contra unha gran plataforma de alugueiro de pisos turísticos, por permitir que estes se anuncien sen licencia.
Esta lei está promovida polos sindicatos de inquilinos e Sumar é un dos grupos propoñentes. Se saíu adiante é grazas ao esforzo da sociedade civil, á perseveranza das forzas políticas de esquerda e multinacionais no hemiciclo e, sobre todo, tras as enormes mobilizacións polo dereito á vivenda dos últimos meses.
Esta Proposición de Lei agarda agora o trámite parlamentario, onde procuraremos que a norma non se desvirtúe e sirva para tapar o enorme burato polo que se colaba o rentismo. Defenderemos e garantiremos o dereito á vivenda.
A norma permitirá converter os contratos temporais nunha opción transparente e regulada, garantir a estabilidade a quen aluga cuartos e garantir que a vivenda sexa un dereito, non un ben especulativo ou que a lei de vivenda sexa estafada co aluguer de temporada.
Chama a atención que mentres a sociedade civil soubo propoñer e aprobar no Congreso unha norma que ampara o dereito á vivenda, o Ministerio de Vivenda siga dicindo que vai facer a súa propia regulación dos alugueres de temporada. A ministra de Vivenda xa ten a lei que precisa e ten o visto e prace do congreso, incluído o do PSOE.
Sobre o expediente a unha plataforma de pisos turísticos.
A proliferación incontrolada de apartamentos turísticos está a afectar directamente á crise do prezo da vivenda. Onde se concentran os alugueres turísticos, hai maiores aumentos de prezos.
Ademais, moitos destes apartamentos turísticos anúncianse sen a información requirida sobre a súa licenza. Por exemplo, en Madrid o propio alcalde recoñeceu que máis do 90% funciona sen ela. En Galicia, sen unha conta exacta, son varios milleiros de vivendas as que están tamén nesta situación ilegal.
O Ministerio de Consumo abriu expediente sancionador a unha plataforma de aluguer de pisos turísticos tras ser advertido da necesidade de retirar anuncios con publicidade ilícita e non facelo.
Non pode haber modelos de negocio baseados na violación da Lei.
Estes expedientes sancionadores poden ser tipificados como graves, que poden supoñer multas de ata 100.000 euros, cantidade que se poderá superar ata alcanzar entre catro e seis veces o beneficio ilícito obtido.