Este mércores produciuse a comparecencia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para dar conta da xestión sobre o gasto militar e o apagón. A presidenta de Movemento Sumar Galicia e portavoz de Sumar no Congreso, Verónica Barbero, plantexou as alternativas do noso movemento.

Comezou sinalando o apoio pechado de Sumar ao pobo palestino. Ante o xenocidio israelí e a posta en marcha dun plan para ocupar Gaza, Sumar conseguiu deter as compras de armas a Israel. Non permitiremos que ninguén incumpra este compromiso.
Sobre a defensa, consideramos que Europa necesita unha estratexia de defensa autónoma: unha maior cooperación entre os Estados membros, máis investimento en ciberseguridade e garantías para os subministros esenciais como a enerxía. Non queremos gastar máis por gastar, queremos que Europa teña un plan conxunto e coordinado, e deixou claro que non podemos depender dos Estados Unidos de Trump.
Sobre o apagón, sinalouno como un exemplo de como actúa a dereita. Ante unha crise, difunden enganos e imaxes falsas, culpan ás enerxías renovables sen probas e sementan medo e caos. Afortunadamente, España non se parece en nada ao que o PP e VOX queren que sexa: a cidadanía respondeu con serenidade e solidariedade, e as institucións actuaron con eficacia.
A enerxía, como a vivenda, non é só un ben económico. É unha infraestrutura esencial para o benestar da cidadanía. É un dereito para todos.
Polo tanto, debemos falar de solucións e en SUMAR témolo claro:
Afirmou que a transición enerxética non é unha opción, é un imperativo e que a procrastinación climática é un erro enorme.
Defendeu a proposta de Sumar dunha rede eléctrica 100 % pública, eficiente e resiliente. Unha rede que garanta a seguridade enerxética sen estar suxeita aos intereses dun oligopolio.
No programa de Sumar está impulsar as enerxías renovables, que son a resposta ao desafío enerxético ao que nos enfrontamos. E deben ser aínda máis destacados.
PAra rematar, anunciou a proposta de aumentar os impostos sobre a enerxía. Considerou un escándalo que só o ano pasado as empresas enerxéticas obtivesen máis de 11.000 millóns de euros de beneficios, e que socializamos as perdas e as axudas, pero os beneficios privatízanse.