López anima á Xunta a darlle as grazas a Yolanda Díaz e as súas reformas pola baixada do desemprego en Galicia

O Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, vén de cualificar como “moi positivas” as declaracións do Conselleiro de Emprego,  Comercio e Emigración, da Xunta de Galicia, José González Vázquez, valorando os novos datos do desemprego rexistrado e as afiliacións á Seguridad Social no noso País no mes de maio. En Galicia a día de hoxe hai 111.641 personas desempregadas, o nivel de paro máis baixo de toda a serie histórica por segundo mes consecutivo. López indica que “xa é un bo indicador que asuman como bos os datos que no Congreso dan como malos”.

“Por suposto, como forza laborista que somos, non podemos máis que alegrarnos”, afirmou López, ante as cifras de desemprego de Galicia. “Que o PP saque peito é de agardar”, sostén, para a continuación engadir que “non pasaría nada se recoñecen que non é grazas á súa inexistente política de emprego, senón ás reformas realizadas por Sumar no goberno”. “As cifras de emprego melloran a pesar do PPdeG, non grazas a eles”, afirmou. Neste sentido, indicou o Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia, “animo á Xunta a darlle as grazas a Yolanda Díaz e ás súas reformas pola baixada do desemprego no noso País”.

López recorda que o PP votou contra a reforma laboral, contra os ERTES, contra a suba do salario mínimo. “Pídolles agora que recapacitan e voten a favor da reducción de xornada”. Aínda así matiza: ”Son os do non, e non agardamos a máis mínima lealdade pola súa parte”.