- Galicia gañaría case 6 millóns de hora ao mes, “para lecer ou para o que queiran”, indica López
- Movemento Sumar Galicia apela directamente ao PP, a Feijóo e a Rueda, ¿van votar o mesmo que coa reforma laboral?

O Consello de Ministros aproba esta martes a proposta de redución da xornada laboral a 37,5h semanais, dándolle traslado ao Congreso para o trámite e debate deste proxecto de lei. De aprobarse, sería a primeira rebaixa da xornada en máis de 40 anos.
O Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, celebrouno como un feito “histórico” xa que “o 90% das persoas asalariadas en Galicia, máis de 600.000, traballan hoxe máis desas 37,5h. Con isto gañan tempo de vida”. Ademais, engade, “máis tempo de descanso permite un aumento do benestar e mellora a produtividade. Esto fará unha economía máis forte”,
Son 6 millóns de horas que gañarían en total os galegos e as galegas ao mes, e López apela directamente ao PP, a Feijóo e a Rueda, “¿van votar o mesmo que coa reforma laboral, que tan ben funcionou?”.
Excepto uns poucos sectores económicos con maior nivel de sindicación, a maioría das persoas asalariadas teñen peores condicións, e “son precisamente os traballos máis precarios os que máis se benefician”.
O Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia indica que esta medida beneficiaría especialmente a “mulleres e persoas mozas, e a sectores como o comercio e os coidados”.
Ante a negativa de certos sectores madrileños da patronal, López advirte que “aló onde a patronal se negou a trasladar a mellora económica ás condicións laborais, o Goberno debe intervir”
Ademáis, o secretario Xeral recalca que “estamos no momento de facelo realidade” porque, xustifica, “a situación económica é propicia para este cambio”.
As políticas de Sumar no goberno están a mellorar o mercado laboral, que está en plena expansión.” como veñen de demostrar os datos de desemprego publicados hoxe. “Sumar goberna, e goberna ben”. No caso de Galicia, máis de 3.600 persoas saíron das listas de desempregados durante o mes de abril.
Segundo López a patronal non ten excusa. “O incremento dos custes laborais será apenas dun 2%, algo perfectamente asumible coa mellora das marxes de beneficio. Só poden opoñerse dende unha óptica de pura avaricia”.