Manifesto de Sumar Galicia perante o 1º de Maio

Dende SUMAR Galicia facemos un chamado a participar masivamente nas manifestacións convocadas  polo sindicalismo de clase no Dia Internacional do Traballo

As traballadoras e os traballadores, especialmente os mais mozos non están podendo acceder a empregos, que lles  aseguren as condicións materiais que fan posible o exercicio da cidadanía. 

Levamos compartido,  moitos esforzos e loitas no plano social e político, e  por primeira vez en décadas se teñen traducido en avances efectivos  para as familias traballadoras. Subimos o SMI un 54% e melloramos a vida de 135.000 galegos e galegas, a temporalidade reduciuse a mínimos históricos dende que aprobamos a reforma laboral, e temos a cifra mais alta de ocupados dende 2009. 

++

Mais o impacto provocado na reda dispoñible da clase traballadora polo aumento de marxes empresariais e a inflación,  así como  pola  suba das hipotecas e os alugueiros están freando a necesaria redución das desigualdades sociais. A falta de compromiso dunha parte do empresariado e das institucións, nomeadamente da Xunta,  coa loita por equilibrar as relacións laborais esta deixando campar o abuso, os incumprimentos ou a falta de seguridade laboral  en Galicia. Por iso é necesario empuxar e acumular confianza  a favor dunha xustiza social cuestionada incansablemente polos privilexios duns poucos, e pola  desmobilización das clases populares que consideran inevitable o que resulta inaceptable. 

Dende SUMAR Galicia queremos reivindicar que se  traballe menos, para  que se  traballe mellor, que todos os galegos e galegas teñan un traballo e uns servizos públicos  para vivir mellor.

Nunha época de transformación tecnolóxica, debemos disputar a distribución xusta das posibilidades que xorden, regulando o proceso produtivo en favor da clase traballadora cunha redución efectiva da xornada laboral sen perda salarial, conquistando tempo e calidade de vida. A nova forma de producir tense que basear nunha industrialización sostible, nunha agricultura e gandería ecolóxica, no coñecemento e nos coidados , con mais emprego estable  e ben pagado.

Ampliar e fortalecer as conquistas sociais fronte a quen pretende mercantilizalas  como a educación e a sanidade, facer efectivo o dereito a vivenda e a mobilidade sostible,  establecer un sistema publico de coidados e apostar por unha renda básica universal que permita a todas as persoas unha vida digna. Porque todo o que non sexa avanzar en mais e mellores dereitos, reforzara a reacción negacionista, porque  queda moito para ese futuro desexable no que os centros de traballo deixemos de ser “recursos humanos” para ser profesionais en igualdade plena, mobilicémonos este 1º de Maio militando na  defensa das traballadoras e traballadores.

Porque todo o que non sexa avanzar en mais e mellores dereitos, reforzara a reacción negacionista, porque  queda moito para ese futuro desexable no que os centros de traballo deixemos de ser “recursos humanos” para ser profesionais en igualdade plena, mobilicémonos este 1º de Maio militando na  defensa das traballadoras e traballadores.