O Movemento Sumar Galicia participou hoxe da manifestación en defensa da lingua convocada por Queremos Galego!, plataforma da que a organización forma parte, cunha ampla delegación encabezada por membros da Executiva Nacional.
A marcha, que saíu ao mediodía dende a Alameda de Santiago, convocouse baixo o lema “Lingua Vital xa!” e concide co día de Rosalía de Castro.

A Secretaria Nacional de DDHH, Rocío Núñez Rúa, denunciou “as décadas de politicas do PP que destrúen a nosa lingua e identidade”. Esixiu a derrogación do decreto do plurilingüismo e un sistema educativo que garanta o dereito das crianzas a estudar na súa lingua materna. “Estamos e estaremos sempre defendendo as políticas públicas que defendan a nosa lingua, que defendan o galego”.