Unha vez pechada a Asemblea Xeral, e coa posta en marcha da nova Executiva Nacional, o Movemento Sumar Galicia continúa os traballos para a implementación dos acordos tomados.
Así, cómo primeiro paso, están a convocarse as Asembleas Comarcais para a elección formal das súas Coordinadoras e o nomeamento de representantes na Coordinadora Nacional.
A vindeira semana realizaranse as asembleas naqueles territorios previamente constituídos, para que poidan participar na primeira xuntanza da CN, que será o vindeiro sábado 14, en Compostela.
Unha vez rematadas as vacacións de nadal, a nova Secretaria de Organización reunirá ao resto de comarcas para a súa formalización no menor prazo posible, completando así o mandato da AX.
A nova dirección do Movemento Sumar Galicia ten como primeiro omandato unha expansión territorial que nos permita achegar a organización á maioría de cidades e vilas do País, co obxectivo de construír unha ponte entre a sociedade e as administracións, abrindo as institucións á sociedade, que sirva para facer chegar as demandas e necesidades de diferentes colectivos e entidades aos seus representantes.