Movemento Sumar Galicia condena o abordaxe da Flotilla SUMUD por parte de Israel e reivindica a solidariedade internacional con Palestina

Na expedición humanitaria participaban sete galegas, entre elas unha compañeira de Vigo

Movemento Sumar Galicia expresou a súa condena ao abordaxe da Flotilla SUMUD por parte das autoridades israelís en augas internacionais, nun operativo desenvolvido a pasada semana a unhas 80 millas náuticas de Gaza durante unha misión humanitaria de apoio ao pobo palestino.

Segundo trasladou a propia organización da flotilla, o veleiro Sirius foi interceptado por un gardacostas israelí que empregou canóns de auga e chegou a impactar coa proa metálica contra a embarcación. O operativo afectou tamén a outros barcos participantes na expedición.

Movemento Sumar Galicia sinala a gravidade do sucedido e lembra que na misión participaban sete galegas, entre elas unha compañeira de Vigo vinculada ao espazo político da organización.

A formación valora positivamente que as persoas integrantes da expedición xa se atopen de regreso nas súas casas, mais advirte de que o acontecido evidencia unha escalada intolerable contra as iniciativas civís e humanitarias de solidariedade con Palestina.

Movemento Sumar Galicia trasladou tamén o seu recoñecemento ás persoas participantes na flotilla pola súa labor humanitaria e reiterou a súa solidariedade co pobo palestino.