Customize Consent Preferences

We use cookies to help you navigate efficiently and perform certain functions. You will find detailed information about all cookies under each consent category below.

The cookies that are categorized as "Necessary" are stored on your browser as they are essential for enabling the basic functionalities of the site. ... 

Always Active

Necessary cookies are required to enable the basic features of this site, such as providing secure log-in or adjusting your consent preferences. These cookies do not store any personally identifiable data.

No cookies to display.

Functional cookies help perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collecting feedback, and other third-party features.

No cookies to display.

Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics such as the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.

No cookies to display.

Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.

No cookies to display.

Advertisement cookies are used to provide visitors with customized advertisements based on the pages you visited previously and to analyze the effectiveness of the ad campaigns.

No cookies to display.

Movemento Sumar Galicia denuncia o “estado ruinoso, lamentable e perigoso” do campo de fútbol de Agüeiros, en Campañó

Movemento Sumar Galicia da comarca de Pontevedra esixe ao Concello de Pontevedra a realización urxente das obras necesarias para corrixir ás múltiples deficiencias que afectan ao campo de fútbol de Agüeiros en Campañó, e que “comprometen a seguridade das persoas usuarias. O estado do campo é ruinoso, lamentable e perigoso”.

No ano 2018 o concello adxudicou este proxecto millonario á empresa ELSAMEX, proxecto que cualificaban como “unha das obras máis importantes no desenvolvemento do equipamento deportivo da cidade”. O campo púxose a disposición do concello para o inicio da tempada 2019/20. 

A organización laborista sinala que neste campo adestran e compiten 16 equipos, a maioría formados por nenos e nenas, así como 5 conxuntos de veteráns, o que “supón un volume significativo de usuarios. Actualmente, o estado das instalacións é ruinoso, cun céspede artificial totalmente deteriorado e rachado, vestiarios afectados por graves problemas de humidade e co falso teito parcialmente desprendido, asentos rotos nos banquiños, e sen aparcadoiro nin acceso adecuado”. Consideran que estas deficiencias afectan directamente á seguridade das persoas usuarias, dificultando de maneira considerable a práctica deportiva.

Afirman ademáis que a situación non é illada, pois aseguran que se repite noutros campos de fútbol remodelados en datas recentes. Consideran inadmisible que na denominada “Cidade do Deporte” se presenten erros tan graves só tres anos despois da finalización das obras, “deficiencias que seguen sen corrixirse a día de hoxe”.

Solicitan unha actuación decidida do goberno municipal, a reparación inmediata destas deficiencias e unha inspección a fondo do resto dos campos de deporte municipais para garantir a práctica deportiva en condicións idóneas.