Movemento Sumar Galicia esixe a Rueda que impida a moción de censura en Outes.

“O intento permanente do PP por deslexitimar calquera goberno que non controlan é vergoñento e obsceno”, sinala Verónica Barbero

Sobre a moción de censura que o PP presentou a semana pasada en Outes co apoio dun tránsfuga xa expulsado do PSOE, a portavoz de Sumar no Congreso, Verónica Barbero esixiu a Alfonso Rueda que “poña orde e a retire inmediamente”. 

“A cidadanía espera dos políticos que deamos solucións, non máis problemas. Descabalgar a un alcalde como Manuel González só serve aos intereses do PP, non aos de Outes”, afirmou Barbero. 

Pero somos coñecedores ademáis, de que mércores se repite a mesma dinámica, e deuse a coñecer que o Partido Popular e a agrupación Por Viveiro chegaron a un acordo para presentar unha moción de censura no concello de Viveiro, o que lle permite a María Geimunde (Partido Popular), asumir a alcaldía e desplazar a María Loureiro (actual alcaldesa do Partido Socialista). 

Isto é un exemplo máis de cómo dende a Xunta de Galicia, Alfonso Rueda segue a intentar derrubar os gobernos progresistas “promovendo o transfuguismo” que ademáis, está na súa man paralo, dar exemplo e “deixar de torcer a vontade do electorado”.

“Por desgraza, é algo ao que nos teñen ben acostumados. A dereita ten unha concepción patrimonial do poder e calquera que non sexa dos seus non ten dereito” reclamou a Portavoz.

Ademáis, a portavoz insistiu en que, na opinión de Sumar, hai un intento permanente por deslexitimar calquera goberno que non controlan xa que tamén o están a sufrir no Estado: “é vergoñento e obsceno” engadiu. 
“En Sumar cremos na negociación e no diálogo, non na compra de vontades. Esta actitude trumpista racha a confianza nas institucións”, concluíu Verónica Barbero.

Quero estar
informado/a