Movemento Sumar Galicia esixe ao Besteiro a expulsión inmediata do concelleiro do PSdeG de Outes

Non ten sentido predicar valores progresistas para logo darlle gobernos ao Partido Popular en Galicia, como fixo en Mondariz e agora en Outes”, afirma Paulo Carlos López, Secretario Xeral

O Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, vén de esixir ao José Ramón Gómez Besteiro a “inmediata expulsión” do concelleiro do PSdeG de Outes que vén de asinar unha moción de censura co Partido Popular para quitar do goberno ao alcalde progresista Manuel González. Para López isto é “intolerable” e responde a “intereses persoais e non políticos”, polo que “o PSdeG debe expulsar inmediatamente ao edil José Antonio Caamaño, aplicar o pacto antitransfuguismo e facer todo o posible para paralizar a moción”. Para López, “non ten sentido predicar valores progresistas para logo darlle gobernos ao Partido Popular en Galicia, como fixo en Mondariz e agora en Outes”. 

O Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia indica que con este movemento “perde a cidadanía de Outes, que veu nos últimos anos como mellorou o seu concello con este goberno progresista”, e tamén “merma a confianza que Movemento Sumar Galicia ten no PSdeG como socio fiable”. Aínda así, recalca, “confía en que Besteiro actúe, expulse inmediatamente ao edil e faga todo o posible para paralizar a moción”.

Quero estar
informado/a