Os esforzos do Partido Popular contra a Sanidade Pública seguen adiante, sen pausa pero tamén con presa. No caso de Vigo, non lles chega con deixar a área sen hospital público, se non que ademáis insisten en manter o concerto coa privada POVISA.
Por iso, SOS Sanidade Pública convoca unha marcha o vindeiro xoves 16 ás 19.00 horas dende a plaza dos Cabalos.
A manifestación comezará ás 19.00 horas e irá dende a praza de España ata o cruce entre Colón e Policarpo Sanz. Movemento Sumar Galicia participará con faixa e material, e agardamos contar con todas as persoas que nos apoian.
O caso de POVISA é especialmente sangrante, xa que se trata dunha clínica privada que non só ten asignación de pacientes como se fora un hospital público, se non que ademáis ten como refén ao sistema de toda a provicnia, xa que é a única na que se trtan certas especialidades, como queimados ou maxilofacial. Fan que a ciudadanía pague case medio millón de euros de mais a esta concesionaria mentres seguen avanzando na privatización, que non fai mais que aumentar na área sanitaria de Vigo. Hai que por freno xa!
Temos que reverter as decisions da Xunta de Galicia e do seu goberno, temos que rescatar a concesión para que sexa exclusivamente PÚBLICA!!
Asímesmo, esiximos medidas para que o personal do Sergas recupere dereitos, para que frene a “fuga” de personal sanitario de Galicia, que marchan despois de recibir unha formación excelente, por ter unhas condicións salariais e de contrato cada vez peores.
A única sanidade que queremos é unha sanidade pública 100%! Participa na marcha e únete á loita.