Movemento Sumar Galicia pide á Xunta financiar un programa de consolidación das investigadoras María Zambrano

O Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, vén de pedir á Xunta de Galicia “cartos, prazos e diálogo coas universidades” para a consolidación das investigadoras e dos investigadores María Zambrano, “científicos captados dende o estranxeiro a través dun programa de atracción de talento do Ministerio que en poucas semanas verán os seus contratos extinguidos e sen solución de continuidade”.


Para López isto da mostra da pouca importancia que para a administración galega ten a investigación, “expulsando, de novo, a mozos e mozas na súa maioría, dicíndolles que Galicia non é sitio para elas. É surrealista que o señor Rueda fale de atracción de talento á vez que lle da unha maleta para marchar ás
investigadoras”. O Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia indica que non ten “absolutamente ningún sentido non darlles oportunidades de consolidación a través dunha convocatoria cofinanciada, como si fixo a Universidade de Vigo, pero non fixo a Universidade da Coruña ou a Universidade de Santiago de Compostela”. López indica que existen múltiples opcións, como pode ser “a extensión dos contratos actuais, novos plans
posdoutorais ou, incluso, a apertura de novas prazas reservadas de Axudante Doutor ou Permanente Laboral”.


En todo caso, dende Movemento Sumar Galicia faise fincapé en que “non é tanto culpa das universidades, que viven a día de hoxe unha difícil situación polo falta de financiamento”, senón que a principal responsabilidade descansa na Consellería de Educación, Ciencia Universidades e Formación Profesional, “por falta de diálogo e por falta de vontade política para a retención do talento”.


Dende Movemento Sumar Galicia indícase que non só se trata de dúas ducias de persoas, senón tamén das súas equipas de traballo e dos proxectos que levan adiante, algúns deles financiados e que permiten ao sistema universitario galego xerar investigación e transferencia.López non descarta levar esta problemática ao Congreso dos Deputados.

Quero estar
informado/a