Movemento Sumar en todo o estado, e tamén en Galicia, organiza unha fin de semana de mobilización pola Redución da Xornada: este 14 e 15 de xuño toda a organización sairá ás rúas para mobilizarnos e lograr a súa aprobación definitiva.

Hai uns días, a redución da semana laboral a 37,5 horas chegou ao Congreso para o seu debate e votación, polo que a a organización entendeu que era necesario redobrar a presión social para a súa aprobación final.
Por iso, lanzouse esta importante fin de semana de mobilización para a redución da xornada laboral en todo o estado o sábado 14 de xuño e o domingo 15 de xuño. Queremos destacar o forte apoio á medida, informar á cidadanía e abordar calquera preocupación.
Todos os membros do Movemento Sumar xogarán un papel protagonista no éxito desta mobilización sen precedentes. Entre outras actividades, realizaranse recollidas de sinaturas, puntos de información, reparto de flyers… Contaremos coa presenza de todos os referentes do noso espazo político, como Yolanda Díaz, Verónica Barbero, Manuel Lago, Paulo Carlos López, Lara Hernández, Carlos Martín…
Para que a militancia e voluntarias dispoñan de ferramentas teóricas apra a defensa da reducción de xornada, realízase tamén un importan esforzo de difusión interna de argumentarios e formacións. O vindeiro martes realizarase unha online con Verónica Barbero e Manuel Lago
Podes inscribirte aquí: https://sumar.ink/formacionReducion