Unha vez máis, un dos matóns da extrema dereita que se fan pasar por xornalistas e empregan os recursos do Congreso dos Deputados para intimidar e difundir bulos boicoteou o bo funcionamento da rolda de prensa que estabamos a celebrar, impedindo que os xornalistas auténticos fixesen o seu traballo e formulasen preguntas.

Esta semana pasoulle a Sumar, durante a rolda de prensa da nosa protavoz e presidenta, verónica Barbero. Pero outros días pásalle a compañeiros doutros partidos políticos, agás por suposto aos do PP ou de Vox, que normalizan a súa presenza, a xustifican e defenden a súa actitude violenta.
As accións destes axentes de extrema dereita violan o dereito á liberdade de información e de prensa da xente deste país, xa que impiden que os xornalistas fagan o seu traballo e cumpran coa súa obriga de proporcionar información veraz ao público.
Ademais, estes matóns non teñen reparos en sinalar e atacar xornalistas parlamentarios, homes e mulleres, pero dun xeito particularmente virulento e sexista, ás xornalistas que traballan no Congreso.
Polo tanto, queremos expresar a nosa completa solidariedade con eles. O que está en xogo é a democracia e un dos seus piares: a liberdade de prensa.
O Congreso debaterá en breve as novas regras da Cámara que esperamos que sexan aprobadas por unha ampla maioría e que finalmente eliminen a estes profesionais do acoso e a desinformación dos salóns do Congreso. Esixiremos que a normativa sexa útil, clara e ofreza garantías para protexer aos xornalistas e o normal funcionamento da institución parlamentaria.