-
Movemento Sumar Galicia condena a brutal agresión homófoba en Pontevedra e esixe unha resposta firme fronte aos delitos de odio
Movemento Sumar Galicia ven de condenar a agresión homófoba sufrida esta fin de semana por un mozo en Pontevedra e reclamou unha resposta firme das institucións para facer fronte aos delitos de odio contra as persoas LGTBI+. A secretaria de Igualdade e LGTBIQA+ da organización, Rocío Núñez Rúa, advertiu de que feitos como este amosan…
-
Movemento Sumar Galicia celebra o decreto que garante a sanidade universal e pon fin á exclusión das persoas sen papeis
Movemento Sumar Galicia valora positivamente a aprobación no Consello de Ministros do Real Decreto que garante de maneira efectiva o acceso universal á sanidade pública, poñendo fin á exclusión sanitaria que durante anos afectou ás persoas en situación administrativa irregular. A formación lembra que en 2012 o Goberno do Partido Popular rompeu coa universalidade do…
-
Sumar Galicia considera que Ursula von der Leyen traizoa os principios da Unión Europea
Sumar Galicia considera “desleais” as declaracións realizadas onte por Ursula von der Leyen, presidenta da Comisión Europea, ao considerar que cuestionan e traizoan abertamente os principios políticos e xurídicos que sustentan a Unión Europea. Para a formación, as súas palabras sitúan á institución nunha posición que contradí os principios fundacionais da Unión Europea e poñen…
-
Tezamos feminismos, acabemos co fascismo
Este 8M volveremos saír ás rúas para reivindicar a forza dos feminismos, para berrar que somos presente e futuro, que imaxinamos, propoñemos e creamos outros mundos cheos de igualdade, liberdade, desexo e alegría. Sairemos afirmar unha convicción colectiva: tecer feminismos é urdir unha rede para frear e derrotar o fascismo. Unha malla antifascista que non…
-
Acto en Ferrol pola memoria das mulleres represaliadas polo Patronato da Muller
O pasado mércores organizamos no Ateneo Ferrolán a xornada “Por qué ninguén falou delas?”, no marco das actividades polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. O acto encheu a sala e desenvolveuse nun ambiente moi emotivo, marcado pola memoria, o recoñecemento e a reivindicación das mulleres represaliadas polo franquismo. A xornada puxo o foco…
-
Movemento Sumar Galicia reclama a expulsión de Estados Unidos e Israel de todas as competicións deportivas pola súa guerra ilegal contra Irán
“A FIFA ten que acordar o traslado a México e Canadá das sedes do Mundial asignadas a Estados Unidos”, afirma o secretario xeral “A Feijóo está a saírlle o bigote de José María Aznar, por non dicir outros bigotes máis escuros”, asegura López Movemento Sumar Galicia ven de esixir que Estados Unidos e Israel sexan…