O Congreso inicia o trámite para aprobar o embargo de armas a Israel

O Congreso admitiu a trámite un proxecto de lei patrocinado por Sumar e máis de 500 organizacións da sociedade civil. Pídelle a España que poña fin a calquera comercio de material bélico con estados investigados por crimes de guerra ou xenocidio, como Israel.

A apertura deste procedemento parlamentario coincide coa intensificación da ofensiva israelí sobre Gaza, que xa causou máis de 50.000 mortes, entre elas máis de 15.000 nenos, e condenou á fame a máis de medio millón de persoas.

A industria armamentística israelí preséntase como «probada en batalla». É dicir, as súas armas foron probadas sobre o terreo, contra unha poboación maioritariamente civil, tanto en Gaza como en Cisxordania.

Esta iniciativa xorde dunha ampla mobilización social que esixe o fin da impunidade non só para Israel, senón para calquera Estado que viole o dereito internacional humanitario.

A aprobación final desta lei sentaría un precedente internacional a favor da paz, os dereitos humanos e a legalidade internacional.

España non pode —nin debe— colaborar con estados que cometan crimes de guerra ou xenocidio. Polo tanto, a nosa prioridade agora é garantir que a lei se tramite con urxencia e se aprobe definitivamente.

Ademais, levamos meses pedindo unha revisión do Acordo de Asociación entre a UE e Israel. Grazas a isto, España e Irlanda solicitárono hai 15 meses. Hoxe, ese esforzo tamén comeza a dar os seus froitos: a Unión Europea anunciou que revisará as súas relacións comerciais con Israel.

Quero estar
informado/a