O Movemento Sumar Galicia convoca a todas as persoas que o integran a participar activamente nas concentracións convocadas polos sindicatos CCOO e UGT en cidades de todo o estado. En Galicia, participaremos nas concentracións de Coruña e Vigo .

Aínda que xa se aprobou un novo decreto no Consello de Ministros, que xa ten aparentemente os apoios necesarios para ser aprobados, as manifestacións mantéñense para mostrar o rexeitamento a que a dereita xogue cos dereitos sociais, especialmente os das persoas máis vulnerables. Estaremos coa nosa faixa nas concentracións de:
- A Coruña: quedamos ás 10.45 nos xardíns de Méndez-Nuñez
- Vigo: quedamos ás 11.45 na Porta do Sol
Sobre o decreto Ómnibus e as medidas sociais
- Esta semana chegouse a un acordo para a tramitación e aprobación do decreto Ómnibus que foi anulado a semana pasada. En Sumar o deixamos moi claro: este decreto había que volver a tramitarlo canto antes, de forma integral, porque iso é o que necesitaba o país. Fixémolo.
- Os cidadáns necesitan que se revaloricen as pensións e a Renda Mínima Vital, a ampliación das bonificacións ao transporte público, as axudas aos afectados pola DANA en Valencia e o volcán da Palma e a protección contra os desafiuzamentos ás familias vulnerables.
- Sempre soubemos que ninguén podía fallar. Que non se trataba de escoller entre pensionistas e familias que se enfrontan ao desafiuzamento. Traballamos polas maiorías sociais deste país.
- E tamén, coma sempre, a ferramenta foi o diálogo e a negociación. Aí é onde nos atoparán. Fixémolo agora e farémolo para a aprobación no Congreso da redución da xornada e dos Orzamentos Xerais do Estado.
- Mentres, o Partido Popular, da man de Vox, segue apostando por recortar dereitos e destruír políticas que beneficien ás persoas. Unha oposición inútil incapaz de traballar en beneficio do seu país.