Entre as partidas que menos medran, “sanidade e educación”, e políticas activas de emprego “ practicamente conxeladas”. O noso Secretario Xeral, Paulo Carlos López, denuncia uns orzamentos “escasos de mais para as necesidades do País”.
Nun escenario positivo de crecemento da economía española no contexto europeo, “o Partido Popular en Galicia impón para 2025 unhas contas totalmente insuficientes para impulsar a nosa economía e o noso emprego”, apunta o Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, “que lastran de novo os servizos públicos básicos para os principais sectores da sociedade galega”. Ademais, segundo o voceiro da formación, faino sen admitir ningunha das máis de mil emendas que a oposición ten defendido no Parlamento galego en representación de moitas galegas e galegos, “coa súa prepotencia habitual para unha Galicia cada vez máis pequena”.
Para Paulo Carlos López, Rueda “impón unhas contas onde oculta, ademais, a débeda de 12.154 millóns de euros” (datos do Banco de España-Boletín estatístico do terceiro trimestre de 2024), un 15,7% do PIB.
Movemento Sumar Galicia lembra que cando Feijóo chegou á Xunta en 2009 a débeda situábase no 8,6% e cando marchou para Génova a duplicouna ata acadar un 16,8%. E agora Rueda dinos que a condonación
desta débeda non é máis que un “parche” para Galicia.
Para Movemento Sumar Galicia resulta preocupante para a vida da cidadanía galega que os recursos que menos crecen porcentualmente son os que corresponden a Educación, Xustiza, Sanidade, Medio rural e Mar. As políticas activas de emprego mantéñense conxeladas. Pero sí ten un significativo aumento do 7,2% a partida de gastos financeiros para atender á débeda autonómica, que con un importe de 214 millóns está por riba do gastos previstos para medio ambiente ou mesmo para a cultura.
Igualmente, Rueda comprométese a rematar 8.000 vivendas nesta lexislatura, cando os demandantes de vivenda pública en Galicia están por riba dos 18.000. “Toda a vivenda que se promova debe de ser pública de
forma permanente e destinada principalmente a alugueiro”, indica López.
“A xente moza, os estudantes, traballadores de ingresos xa non baixos senon medios, non poden seguir sen opción de acceso á vivenda no noso país. Iso sí, Rueda négase a aplicar a lei estatal, necesaria para avanzar na vivenda coma un dereito e non coma un xogo especulativo”, remata.