A reducción da xornada laboral é un compromiso inaplazable para Sumar. Dixemos que esta ía ser a lexislatura para gañar tempo de vida, e non imos ceder. Adicáronse moitos meses a debatir e buscar o consenso a través do diálogo social, chegouse a un acordo cos sindicatos malia á oposición permanente e inflexible da patronal. Non entendemos a posición do Ministro de Economía, e moito menos a do PSOE.
A reducción de xornada é un clamor social, e imos cumplir o prometido.
É moi grave o bloqueo continuado do Partido Socialista na redución de xornada. Nesta ocasión fíxose explícito mediante un escrito do Ministerio de Economía que bloquea a tramitación da redución de xornada por vía urxente. Ao facer tal, o acordo ao que se chegou cos sindicatos non pode elevarse ao Consello de Ministros.
É unha decisión incomprensible que conleva o incumprimento do acordo de goberno por parte do PSOE, que establece que a redución da xornada a 37,5 horas debe realizarse en 2025. Retrasar a aprobación da proposta impedirá que chegue a aprobarse no Congreso antes do verán.
O Ministro de Economía deberá decidir se está cos traballadores ou cos empresarios. Esta semana chegou a dicir que “a redución é unha prioridade para o goberno”. Ten a posibilidade de acreditalo eliminando o veto ao procedemento urxente de Redución de Xornada.
A dificultade de conseguir apoios no Congreso nesta lexislatura non pode impedir que se negocie e se debata a medida que máis desexa a cidadanía.
É importante comezar o trámite parlamentario precisamente para traballar cos Grupos Parlamentarios e obter unha maioría que aprobe a Redución de Xornada. Como fixo o Ministerio de Traballo en todas as ocasións.
Somos conscientes da maioría existente no Congreso, pero confiamos na capacidade de chegar a acordos que temos demostrado para solventar as críticas que poida haber. O Grupo Parlamentario Plurinacional Sumar desexa levar adiante un proceso de negociación que mellore a Lei, pero non pode facerse tal sen dar inicio aos trámites.
Os acordos políticos teñen que cumprirse, e o traballo do Diálogo Social durante 11 meses ten que ser respectado.