Estamos nun contexto internacional de enorme complexidade. As forzas que representan á “Internacional do odio” deron un paso fundamental o luns durante a toma de posesión de Trump, apoiado pola oligarquía tecnolóxica de Silicon Valley.
Esta semana, o Congreso rexeitou varios decretos clave para os cidadáns españois. A subida das pensións, a prórroga da moratoria antidesafiuzamentos, o incremento da Renda Mínima Vital, as axudas aos valencianos pola DANA e a rebaixa dos prezos do transporte público víronse afectadas.
O Partido Popular e Vox, que nas últimas semanas criticaron ao goberno polas axudas á DANA, votan en contra das axudas á DANA. Votan en contra da suba das pensións. Votan en contra da rebaixa do prezo do transporte. Votan en contra da xente.
Os seus cálculos políticos pagaranos millóns de persoas co peto. Cada persoa traballadora terá que pagar ata 600 euros máis ao ano polo uso do transporte público, os pensionistas gañarán de media 568 euros menos e as familias vulnerables serano tamén aos desafiuzamentos.
O mércores vimos o que evitamos nas eleccións do 23 de xullo. Un Goberno de Feijóo e Abascal contra os dereitos das maiorías sociais no noso país.
Cremos que Junts está equivocado ao votar xunto aos que queren encarceralos, ilegalizar as súas ideas e anular a lei de amnistía, por terra, mar e aire.
A xente non pode agardar, o goberno non puede tardar. Na espera e na desesperanza só avanzan as forzas reaccionarias e a extrema dereita.
Por ese motivo, en Sumar plantexamos que os decretos volvan ao Congreso canto antes. Non podemos perder un minuto.
Esto no vai da política nin dos partidos, vai de chegar a fin de mes, de xubilacións dignas, de loitar contra a desigualdade. Nada é máis importante ca iso.
Precisamente por eso consideramos fundamental e faremos todos os esfuerzos na nosa, dende os distintos lugares que ocupamos, no Goberno de España e no Congreso, para garantir que as medidas saian adiante e para coidar a maioría da investidura.
A cidadanía votou nas últimas eleccións unha maioría da que Sumar quere facerse cargo. O diálogo e a negociación son a base da política, chegar a acordos que fagan a vida mellor é o noso obxectivo.