O Movemento Sumar Galicia apoia e tomará parte das convocatorias realizadas para o día 30 de novembro en todo o País, en conmemoración día Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino.
Esiximos o inmediato alto o fogo e a fin do xenocidio. Opoñémonos ao comercio de armas co estado de Israel e defendemos a fin inmediata da ocupación.
O goberno do Estado, co impulso de Sumar, recoñeceu hai uns meses ao Estado Palestino. Hoxe, seguimos loitando polo seu dereito a vivir en paz nos territorios ocupados ilegalmente por Israel.
Só a presión da comunidade internacional pode poñer fin ao xenocidio, a ocupación ilegal e ao réxime de apartheid que sofre o pobo palestino.
Necesitamos un acordo de paz, conseguir un alto ao fogo permanente e que se recoñeza a Palestina como estado libre.
Aquí tes o listado de concentracións convocadas o 30 de novembro para pedir o alto ao fogo en Palestina e o Líbano ás 12.00 horas:
Santiago de Compostela: Praza do Toural
A Coruña: Praza do Obelisco
Pontevedra: Praza da Peregrina
Ourense: Fronte a Delegación do Goberno
Lugo: Praza do Concello
Vigo: O Marco