Movemento Sumar Galicia aposta porque a seguinte sexa “unha AP-9 nacionalizada”

O Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, vén de valorar “moi positivamente” o traspaso de competencias sobre xestión do litoral a Galicia que se fará efectiva mañá mércores, algo que, ao seu xuízo, “é esencial para o noso autogoberno dende a perspectiva económica na cadea mar-industria, pero tamén podería axudar á protección ambiental dos nosos ecosistemas mariños e das nosas rías”. Ademais critica a Feijóo e Rueda por ter “conxelado o autogoberno galego durante máis de 16 anos”.
Non obstante é pesimista á hora de valorar a xestión que fará o Partido Popular desta nova ferramenta de autogoberno: “as novas competencias posta en mans do PP son incompetencias, e o que precisa Galicia é un goberno de esquerdas para que a autogoberno signifique máis benestar”.“Mirade o que provocará Altri na Ría de Arousa se o proxecto segue adiante”, indicou.
Neste sentido, o Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia aposta porque Galicia e o Estado “avance máis e mellor nun estado federal plurinacional con ferramentas de autogoberno e goberno compartido” e quere que a seguinte competencia sexa, “unha AP-9 nacionalizada”, a seguir por “unha polícía galega con plenas competencias” como teñen Euskadi e Cataluña. Ademais solicitou ao goberno do Estado e á Xunta de Gailcia, a “institucionalización dunha comisión mixta de transferencias”, dando conta no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados e Deputadas “dos avances e dos prazos” para levalas a cabo.