Este sábado 5 de abril miles de persoas en 40 cidades do estado sairán á rúa polo dereito á vivenda.
A vivenda é hoxe unha das maiores fontes de desigualdade e pobreza do noso país.

Por iso, en Sumar propuxemos prohibir a venda con fins especulativos, condicionar os fondos de vivenda das comunidades autónomas a limitar os prezos ou regular os alugueres de temporada.
Ademais, en Sumar cando temos competencias exercémolas para loitar contra o rentismo. Por iso, o Ministerio de Dereitos Sociais e Consumo:
a) Ten abertos varios expedientes sancionadores
- A unha gran axencia inmobiliaria por prácticas abusivas contra os inquilinos como o cobro de comisións ilegais.
- Aos grandes xestores de pisos turísticos por posibles prácticas enganosas como anunciar pisos coma se fosen propiedades privadas cando pertencen a empresas con centos de pisos.
- A unha gran plataforma de aluguer de apartamentos turísticos por non eliminar miles de anuncios con publicidade ilegal, como non incluír o número de licenza.
b) Detectou e comunicou ante as administracións competentes a existencia de milleiros de aloxamentos turísticos ilegais para que se eliminen estes anuncios.
Non imos deixar de facelo! Usemos todos os nosos poderes para acabar co rentismo!
Vémonos este sábado nas rúas para seguir defendendo o dereito á vivenda!
Agora pagan eles!