Resolucion de Sumar Galicia ante o 10M – Día da clase obreira galega

“Dous mortos, ducias de feridos, unha cidade totalmente paralizada, e un mar de solidariedade”

Para SUMAR Galicia e fundamental manter viva a memoria da loita popular pola liberdade, a igualdade, a fraternidade e as demandas de xustiza social. Os conflitos laborais, como o que desencadearon os tráxicos sucesos de Ferrol, o 10 de Marzo de 1972, debémoslles as liberdades e as parcelas democráticas existentes. É un dia para recoñecer a histórica contribución do movemento obreiro galego, mais tamén un dia para reforzar a nosa identidade e a nosa tradición política dende o recoñecemento ao que fixeron.

Amador e Daniel caeron vítimas dunha ditadura que temía o compromiso político que impulsaban conflitos obreiros como o da Bazán, os sacrificios de tantos homes e mulleres son un imperativo ético fundamental para o impulso democratizador da sociedade.

Fronte á ameaza reaccionaria que percorre o mundo e as tentacións de frear os avances sociais, para sermos quen de detectar e desactivar derivas totalitarias e antidemocráticas que medran entre nós, é necesario ser plenamente conscientes da nosa propia historia.

Por iso, dicimos: fascismo nunca máis, e eliximos comprometernos activamente na loita por un horizonte con máis e mellor democracia. Por conquistar novas parcelas que sexan capaces de sumar os pobos e construír unha democracia plena, que rexeiten a violencia e a guerra, que repartan con xustiza a riqueza, que condenen os abusos e a corrupción e que deixen de ameazar a vida sobre o planeta. Por un horizonte de vida mellor para a maioría social: Sumemos.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2024.