Rueda e a Feijóo boicotean a oficialidade do galego na UE

O Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, vén de cualificar como “indigno” que Alberto Núñez Feijóo, co beneplácito de Alfonso Rueda, “se opoña activamente ao recoñecemento oficial de galego, euskera e catalán nas institucións europeas”, que se vota -ou votaríase- esta martes no Consello de Asuntos Xerais da UE. López indica que “xa é un feito constatado que Feijóo chamou a destacados membros do Partido Popular Europeo para que se opuxeran a esta recoñecemento”. 

Dende Movemento Sumar Galicia considérase “inaceptable”  que quen presume de defender a Galicia actúe sistematicamente “en contra dos intereses da nosa lingua e da nosa cultura”.  Para López, Feijóo xa utilizou o galego como arma para gañar unhas eleccións en 2009, mentindo e sen importarlle as consecuencias, e agora tamén o utiliza para “arremeter contra o goberno do Estado”. “É unha vergoña, o galego non é unha lingua de segunda, e merece ter o mesmo status que calquera outra lingua oficial da UE, xa que España é un estado plurinacional e a Unión Europea debe recoñecelo”.

López lembra que foi Sumar quen promoveu a reforma do regulamento para que o galego puidera utilizarse no Congreso dos Deputados, e agora “seguirá turrando dende o Goberno do Estado para que galego, catalán e euskera sexan linguas oficiais da Unión Europea”.  E todo, “coa vergoñenta oposición de Rueda e de Feijóo”.

Quero estar
informado/a