Seguimos avanzando: axuda universal para mercar lentes a menores ata 16

O “Plan VEO” é unha axuda universal de 100 € para lentes para menores de 16 anos.

Cúmprese así un compromiso clave do Acordo de Goberno: garantir o dereito a unha boa visión para todos os menores de 16 anos.
Isto será mediante axudas directas, sinxelas, sen papeleo nin longos trámites: abonda cun diagnóstico do problema e a indicación da necesidade de corrección por parte dun profesional de oftalmoloxía, se é o primeiro diagnóstico, ou por parte dun óptico, se é unha revisión. Con isto, se os lentes ou os lentes de contacto custan menos de 100 €, a familia non pagará nada na consulta do óptico. Se custan máis, só pagarán a diferenza.
En Sumar defendemos que os dereitos deben ser universais, e por iso esta axuda é universal. Os dereitos universais son máis asequibles para quen máis os necesita, ao evitar papeleo, burocracia e solicitudes que son moitas veces difíciles de xestionar para boa parte da poboación. Será un servizo sanitario máis como os medicamentos ou a propia atención sanitaria.
Non é só un alivio económico para as familias. É unha ferramenta para a equidade, a xustiza social e a saúde pública.
Ver ben significa vivir mellor e crecer en igualdade de condicións. Ver ben é un dereito universal que non pode depender de ingresos nin de burocracias interminables.

Quero estar
informado/a