Sumar cuestiona a Costas do Estado polo desleixo na finalización da senda litoral de Moaña

O grupo plurinacional Sumar ven de rexistrar varias preguntas ao goberno para interesarse polo estado da concesión do tramo litoral que se atopa ao final da rúa Concepción Arenal dende o centro de saúde ata a entrada de Moaña, e que ten aproximadamente 150 m. 

Unha boa parte deles xa foron liberados de construccións os últimos anos, mais restan 4 propietarios por ceder os 6 m que se corresponden coa servidume de tránsito sobre a que discurriría o paseo. Parte destes propietarios néganse, e fan un uso privativo destes terreos, afectando así ao dereito de acceso público á costa.

“O dereito da maioría da cidadanía vese restrinxido pola inacción de Costas, e pola picaresca dos propietarios”, asegura Sara De Matos Fernández, Coordinadora Comarcal de Movemento Sumar Galicia. “Queremos que sexan claros, que digan se o sabían e por qué non o fixeron cumplir”.

Nesta mesma situación, pero no outro extremo do paseo, atópase a vivenda de Eva Cárdenas, compañeira de Alberto Núñez Feijoo, concesión sobre a que Movemento Sumar Galicia ven tamén de presentar alegacións. “O libre acceso da veciñanza é a nosa prioridade, non pode permitirse a privatización da costa para usos impropios. Esta situación demostra o desleixo de Costas para facer cumplir a lei, esiximos unha actuación inmediata”, asegura de Matos.

Quero estar
informado/a