Sumar leva ao Congreso unha iniciativa de Nós Pobra sobre a vertedura de fuel na Ribeiriña

O deputado por Coruña, Manuel Lago, o secretario xeral , Paulo Carlos López e a secretaria de organización, Gloria Alonso, acompañados polo concelleiro Xosé Lois Piñeiro, visitaron as recentes obras realizadas por Costas do Estado na Ribeiriña, nos antigos terreos de “La Onza de Oro”. Lois trasladoulles a enorme preocupación veciñal polo estado na nave aínda existente dunha antiga factoría, así como polas verteduras que están a sucederse dende entón, e que no goberno municipal achacan a uns depósitos de fuel existentes e que non terían sido correctamente eliminados.

“Estamos moi agradecidos pola intervención realizada, pero o certo é que existe un problema relacionado coa obra e debe actuarse axilmente para evitar una afectación negativa á saúde e ao prestixio de toda a ría como zona productora”, afirmou o concelleiro de Nós Pobra e antigo alcalde da vila. 

“Solicitamos o apoio decidido da Xunta e do Estado, e que sexa unha oportunidade de colaboración e non para que intenten eludir a súa responsabilidade”, continuou. Anunciou a próxima presentación de preguntas parlamentarias ao Ministerio, da man dos deputados galegos de Sumar, Manuel Lago e Verónica Barbero, quen é ademáis portavoz do grupo. Estas preguntas terán por obxecto coñecer o estado exacto das actuación, qué pasos se están a dar e qué solucións estarían a valorarse.

Pola súa parte, o deputado por Coruña Manuel Lago, mostrou o compromiso de Sumar para poñer fin canto antes a esta situación. “Imos poñer toda a nosa capacidade para axudar á veciñanza da Pobra. Galicia é unha potencia medioambiental, pesqueira e marisqueira e temos que protexer o noso patrimonio”.

Afirmou que, como forza de goberno, van explorar todas as opcións para obter unha resposta urxente. “Teremos unha xuntanza no Ministerio á que acudirán tamén concelleiros de Nós Pobra para trasladar directamente a preocupación, as propostas e esixencias sobre este asunto”.

Así mesmo, e a respecto da antiga fábrica de HADASA, que aínda permanece, e que se atopa nun estado de abando, confirmou que tamén se tratará nese encontro. “Exerceremos a forza que nos da estar no goberno para solucionar a vertedura e coñecer o futuro deste ruína industrial que é HADASA”.

Pola súa parte, o secretario xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, afirmou que a solución deste asunto é “urxente, é unha prioridade”. Mostrou a confianza de que poida haber un entendemento entre administracións, mais reflexionando sobre as novas competencias de Costas asumidas pola Xunta, que valorou moi positivamente, afirmou que “temos claro que moitas veces, en mans do Partido Popular, as competencias son incompetencias”.

Quero estar
informado/a