Sumar pide explicacións ao Goberno sobre o estado da vertedura de residuos nucleares fronte a costa de Galicia

Entre 1946 e 1990 diversos países europeos lanzaron ata un total estimado superior aos 200.000 bidóns con residuos nucleares na fosa atlántica, a 750 kilómetros da costa galega.

O Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) de Francia, equivalente ao CSIC, ven de poñer en marcha unha investigación para localizar, mapear e coñecer o estado destes contenedores.

Verónica Martínez Barbero e Manuel Lago, como portavoz e diputado galegos, presentaron xunto con outros deputados do grupo parlamentario plurinacional Sumar, unha serie de preguntas dirixidas ao Goberno para solicitar información e pedir explicacións ao respecto destes residuos.

Como sinalan no escrito enviado, consideran demostrado que “os desastres no mar non poden ser tomados á lixeira xa que tarde ou temprano acaban perxudicando a un dos maiores patrimonios cos que conta este País, a súa flora e fauna marinas, e as súas costas” como se viu “coa incompetente xestión por parte do Goberno do Partido Popular do desastre do Prestige hai dúas décadas”.

Sumar, que ten na defensa do medioambiente e a loita contra a emerxencia climática unha das súas liñas de actuación principais, pregunta ao Goberno sobre o estado dos bidóns, así como dende cando é coñecedor destes feitos. Esixen tamén coñecer se está previsto realizar algunha investigación propia, máis aló do control de radioactividade das augas costeiras que realiza de maneira habitual o Consejo de Seguridad Nuclear (CSN).

Por último, piden saber se está previsto esixir responsabilidades civiles e penais aos países implicados, así como do nivel de difusión da información recabada que ten pensado realizar.