Sumar presenta no Congreso unha iniciativa en favor dos dereitos e identidades LGTBIQA+

Esta semana, Sumar rexistrou no Congreso unha Proposición non de Lei na.defensa da diversidade sexo-xénero, ante os discursos reaccionarios sobre o colectivo LGTBIQ+

A existencia das personas LGTBIAQ+ non é algo negociable, non é una ideoloxía, é un feito.

Non permitiremos ningún retroceso. En SUMAR vannos encontrar sempre na defensa e ampliación dos dereitos.

Non é admisible que ninguén dea alas á reacción. Non se loita contra a extrema dereita con argumentos propios da extrema derecha. Son expertos en embarrar e sempre van gañar se se baixa ao seu terreo. Non se pode permitir a aceptación do seu marco discursivo.

Nn é admisible que se volva polarizar o debate, que se volvan cuestionar a persoas reais e os seus dereitos. Do que deberíamos estar a debater é de cómo ampliar dereitos ou de cómo facer fronte aos discursos de odio e a discriminación.

Por este motivo, o GP Plurinacional Sumar ven de presentar unha PNL para instar ao Goberno a:

  • Recoñecer e respetar a diversidade sexo-xenérica e en consecuencia a seguir traballando e avanzando para protexer a todas as persoas que integran o colectivo LGTBIAQ+.
  • Impulsar as iniciativas lexislativas necesarias dirixidas a garantir os dereitos do colectivo LGTBIAQ+
  • Rexeitar e condear calquera discurso de odio verquido en tribunas públicas ou institucionais, así como adoptar medidas sancionadoras fronte a responsables públicos que incurran en actos discriminatorios ou intolerantes.

Sempre o dixemos e repetirémolo as veces que faga falla: nos defendemos un feminismo non esencialista, un feminismo incluínte.

A buscada división entre o feminismo e as loits LGTBIAQ+ é un dilema falso, un enfrontamento absurdo e reaccionario, que só nos debilita e favorece á extrema dereita, que só busca borrar os dereitos e liberdades de todas, todos e todes. Non podemos facerlles o caldo gordo.

Hai que elexir entre os feminismos e as loitas LGTBIAQ+, xuntas, ou a ultradereita. Hai que elexir ou ampliación de dereitos ou recortes e eliminación dos mesmos. Pero iniciar un retroceso pon en perigo os dereitos conquistados, xa que é un camiño sen freo.

Quero estar
informado/a